a boca necesaria

© nana coromoto



a boca necesaria

 

a beleza do xesto

case un incendio que

desexan as palmas devolvendo

a voz cristal convulso


deste cálido fogar

aberto rabuño na carne

delicada ó sul da face

parte a expresión alterada

do mal inconsolable


respira tanto a boca

sofocada coma cavidade no

bater dun xemido mudo

simulacro de completa dor

ou bico desprazándose


as cóxegas das amargas perlas

farinxe abaixo amosan que

afecta salpicarse coas lustrosas

cereixas ulindo e salgando o xesto

a exterminar porque

importa o asasinato



Go to Page 2